Día do Peón

"Como o trompo" - Banda Ourensons

Unha máis que atractiva canción que, de seguro, gustará aos máis pequenos e aos que non son tan pequenos.

Letra:

Ven comigo “pra” rúa xogar coa bóla ti me tiras punteirazos, eu che fago un paradón.
Tamén podemos, se queres, probar coa chave dalle ás aspas co peso, ponlle toda a túa atención.
E non deixes de xirar e non deixes de xirar
Fago o camiño como o trompo en San Martiño fago o camiño e non deixo de xirar (bis)
Trouxen hoxe dous paus para divertirnos lanza ao aire a billarda dalle forte co palán.
Máis tarde poderiamos marchar coas bicis temos camiño dabondo e diante todo o serán.
E non deixes de xirar e non deixes de xirar
Fago o camiño como o trompo en San Martiño fago o camiño e non deixo de xirar (bis)