bobBob Dylan gaña o Premio Nobel de Literatura, un galardón establecido por Alfred Nobel no seu testamento que se entrega desde 1901.

A Academia sueca  recoñece a creación de “novas expresións poéticas dentro da gran tradición musical americana”. O cantautor, nado en Minnesota (Estados Unidos) hai 75 anos, deuse a coñecer con letras como Blowin’ in the Wind,Like a Rolling Stone, The Times They Are A Changin’ ou Hurricane.

Esta é a primeira vez que un músico gaña o Nobel de Literatura. O galardón non foi a parar a calquera artista, senón a un dos cantautores máis influínte da historia, cuxas cancións son consideradas unhas das mellores composicións de todos os tempos.

As súas letras sempre trataron temas políticos, sociais e culturais da época na que vivía.  O recoñecemento do Nobel de Literatura chega despois de que Bob Dylan recibise o Premio Príncipe de Asturias das Artes en 2007 e o Premio Pulitzer en 2008 polo “profundo impacto na música popular e na cultura americana, marcado polas súas composicións líricas de extraordinario poder poético”.

Desde que Alfred Nobel estableceu este galardón, o Premio Nobel de Literatura recoñeceu o traballo de 112 individuos, dos que só catorce eran mulleres.

Curiosamente, este ano cúmprese o sesaxésimo aniversario do galardón nesta categoría ao español Juan Ramón Jiménez, premiado por obras como Platero y yo.

Responder

O teu enderezo electrónico non se publicará