Alfonso Daniel Rodríguez Castelao

Castelao non escribiu poesía mais estes versos semellan dun grande poeta.

Este fragmento da obra “Os vellos non deben de namorarse” acabou converténdose nunha fermosa canción. Castelao pensou nunha serenata ou canción de tuna estudantil compostelá.


“Alba de Gloria” foi o derradeiro discurso que pronunciou Castelao en vida. Tivo lugar no festival do Centro Galego realizado no teatro Argentino co gallo do Día de Galicia, un 25 de xullo de 1948. “Alba de Gloria” é un discurso en que cita as grandes figuras esenciais na configuración da cultura galega.O discurso tamén fai fincapé na importancia do pobo, da tradición da xente anónima na configuración da nosa identidade.

Aquí vos queda un fragmento…