#quedamosNaCasa

Queridos alumnos/ as:

Como xa sabedes o confinamento continúa e parece que vai para longo, sabédelo e sufrídelo. Para ninguén é fácil e sabemos que para vós menos.

Só podémosvos dicir que o estades facendo moi ben, realmente ben.

Sabemos que as circunstancias de cada un de vós son moi diferentes, as vosas situacións familiares, os vosos fogares… non vos angustiedes. Aceptade a vosa situación e sacade o mellor de vós mesmos como en tantas ocasións vos vimos facer. É un tempo privilexiado para aprender, non precisamente matemáticas, sociais, lingua… senón para aprender grandes leccións importantes que ás veces, poden pasar desapercibidas nas aulas. É un tempo privilexiado para educar a paciencia, admirar a solidariedade do ser humano, entender a verdadeira liberdade, valorar a utilidade das pequenas cousas… seguro que  podedes  continuar vós esta lista de aprendizaxes.

Parece que, polo momento, non nos imos ver na aula pero estaremos en contacto e intentaremos seguir o curso virtualmente.
Arriba ese ánimo, por favor! Non ides perder o curso… nin sequera a cabeza! Non imaxinades a cantidade de cousas para as que está preparado o voso corpo, só tedes que convencela a ela (á cabeza). Confiade en nós, confiade na vosa capacidade, aproveitade este tempo porque, seguramente, sexa a única vez na vosa vida que vivades unha situación así.

Coñecédevos mellor, lede moito, non creades todo o que oiades, sede críticos/ as con todo. Pero, sobre todo, dádevos conta de que, a pesar das circunstancias, seguides sendo unhas persoas afortunadas.

Cando saiamos das nosas casas, o mundo que nos rodea será distinto, máis humano, máis real, máis vivo.

Desta sairemos sendo mellores: mellores persoas, máis pacientes, máis solidarios, máis empáticos …

Estamos orgullosísimas de vós/ as, de todos e todas.

Como vos esforzastes!

Todo irá ben!

María e Julia