HISTORIA: unha apaixonante viaxe ao pasado.

Con este artigo comezamos a traballar os últimos contidos de Sociais de 5º curso.
Abordaremos neste curso os contidos de historia como unha gran viaxe ao pasado, no que iremos coñecendo como eran os nosos antecesores, como viviron, que feitos importantes lles sucederon e que nos legaron.
Prepara a túa equipaxe pois a viaxe comeza xa.

A Historia da humanidade divídese en dous períodos: a Prehistoria e a Historia.
A Prehistoria, que abrangue varios millóns de anos, é o período comprendido entre a aparición dos homes e a invención da escritura. Este período é coñecido pola interpretación dos restos (utensilios, construcións, pinturas rupestres, etc) deixados polos nosos antepasados.
A Historia é o período comprendido entre a aparición da escritura, hai aproximadamente 5000 anos, e a actualidade. O chamado período histórico coñécese, ademais de polos restos que se conservan, polos textos escritos onde se narran as formas de vida das civilizacións que nos precederon e os principais sucesos que nelas se deron.

Observa a seguinte liña do tempo

Responder

O teu enderezo electrónico non se publicará