Perseverance en Marte

A misión Mars 2020 Perseverance da NASA fará a primeira retransmisión en español da axencia para unha aterraxe planetaria. O xoves 18 de febreiro, a NASA transmitirá “Xuntos perseveramos”, un programa que brindará aos espectadores unha vista detallada da misión a Marte e destacará o papel que os profesionais hispanos da NASA tiveron nela.

O programa emitirase ás 19:30 p.m. apropx. e poderase seguir desde a páxina web da axencia e nas súas contas de redes sociais en español: Twitter, Facebook e Youtube. “Xuntos perseveramos” empezarase a emitir antes da aterraxe de Perseverance no Planeta Vermello, que terá lugar aproximadamente ás 21.30 p.m.

Lanzado o 30 de xullo de 2020, o rover Perseverance buscará sinais de vida microbiana pasada, colleitará mostras selectas de rocas e sedimentos para o seu envío futuro á Terra, caracterizará a xeoloxía e o clima de Marte e achandará o camiño para a futura exploración humana máis aló da Lúa. É o quinto rover da NASA en Marte e, se ten éxito, será a novena aterraxe da NASA no Planeta Vermello.
Perseverance tamén transporta un experimento tecnolóxico, o Helicóptero Ingenuity Mars, que tentará levase cabo o primeiro voo controlado e con motor noutro planeta.

TODO SOBRE MARTE                                    OS “ROVERS” DE MARTE 

O ROVER PERSEVERANCE                            O SISTEMA SOLAR

EXPLORA MARTE: UN XOGO DE ROVER, O VEHÍCULO MARCIANO

MÁIS INFORMACIÓN EN INGLÉS

PARA VER A RETRANSMISIÓN DA ATERRIZAXE EN DIRECTO (A emisión comeza ás 19.30h aprox)